sábado, 5 de mayo de 2012

PROXECTO ABALAR




Este proxecto está no noso colexio, no curso de quinto de primaria. O proxecto sirve para que no colexio se poida empezar a utilizar os ordenadores de pantalla táctil e as pizarras dixitais, en cada aula de quinto haberá unha pizarra dixital e un ordenador para cada alumno. Grazas a iso os nenos poderán estudar sen ter que escribir tanto nos cadernos.
A min non me parece ben que solo se poida facer na aula de quinto, porque o noso colexio solicitou o proxecto Abalar este ano e nos vamos en sexto de primaria e nos dixeron que o vindeiro ano quizais o poñían en sexto pero non nos tocaría a nós porque xa iremos en primeiro de E.S.O entón lles tocaría outra vez aos nenos e nenas de quinto de primaria. Eu quero que nós toquen tamén a nós os ordenadores e as pizarras dixitais. Espero que vos guste a miña entrada sobre o proxecto Abalar pero si hai alguén que non entendese a miña entrada ou quixese saber máis sobre o proxecto Abalar eu os deixo un vídeo aquí sobre o tema para o que lle interese este tema para que nas aulas haxa internet. Este vídeo e un pouco largo pero espero que vós guste como explica o proceso que pasaron as aulas para cambiar a era de internet.




                                                                                              Unha aperta de Paula Rodríguez Sánchez.

1 comentario: